dijous, 15 d’agost del 2013
Ós clientes de Ponte Vella gústalles a Lingua galega.
Ós clientes do Ponte Vella gústalles a lingua galega
As persoas que onte percorreron o centro comercial Ponte Vella (Ourense) tiveron oportunidade de amosar o seu gusto pola lingua galega con diferentes carteis promocionais e inmortalizalo nunha fotografía, gracias á actividade organizada polo departamento de Normalización Lingüística do Concello co gallo do Día da Lingua Materna, celebrado o pasado 21 de febreiro.
Foron moitos, grandes e pequenos, os que se animaron a escoller entre mensaxes como 'Gústame que se faga xustiza co galego', 'Gústame que o leite poña que é 100% galego' ou 'Gústame que che guste a miña lingua', entre moitas outras propostas.
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada