Pasaron os anos pero tanto a Galiza do noso tempo como o teatro galego (...) seguen tendo os mesmos cabalos de batalla:
Ver se Galiza é unha nación, se é un nome propio, unha provincia polaca... e demostrar día a día que o idioma galego é vehículo de manifestacións artísticas e sociais elevadas. As salvedades que afectan hoxe ás dúas cuestións son iguais ou maiores ás que se atopan nas producións de Lugrís.
O teatro galego de hoxe vive maiormente alleo (...) a estas cuestións. O teatro galego dos nosos días non afrontou aínda o reto de facer o diagnóstico da Galiza de hoxe, das súas doenzas e dos seus méritos, das súas virtudes e miserias, da súa vontade de supervivencia e da súa lenta aniquilación, como fixo Lugrís no seu tempo.
Estou firmemente convencido de que se o teatro galego non fai ese diagnóstico que fixo Lugrís no seu tempo, ninguén o fará. E aínda máis, de que só acometendo esa tarefa demostrará o teatro galego que o noso idioma é un vehículo expresivo elevado. Quizais ao cumprimento desa tarefa contribuirá a ESAD de Galiza mais quen sabe, iso dirao o futuro.
Pois ben, para rematar este discurso que ata qui lancei, quixera empregar as palabras doutro discurso: dun mítin que pronunciou Lugrís Freire en Betanzos o 6 de outubro de 1907 e que supuxo o primeiro mítin da historia en lingua galega. Naquel lugar e naquel día grandes e prolongados aplausos adornaron a conclusión da súa arenga que remataba como rematará, agora si, esta miña alocución da seguinte maneira:
Despois díxolle ao fillo máis vello, que era forte e valente, que rompera as nove varas xuntas. Por moita forza que fixo, non puido nin sequera dobralas. Entón dixo o vello petrucio: -Xa vedes, meus fillos, que unha vara soa é fácil de romper, pero todas xuntas non hai quen as dobre. Eu vou morrer axiña e rógovos que teñades sempre irmandade, que vos defendades todos xuntos para que os vosos inimigos non poidan facervos mal."
Seguide pois asociándovos, xuntádevos contra os vosos inimigos e seredes fortes e seredes libres e faredes libre e honrada, rica e poderosa, a terra querida onde todos nacimos.
Viva Galiza. Viva a solidariedade.'. Grazas.
Han passat els anys però tant la Galiza del nostre temps com el teatre gallec (...) continuen tenint els mateixos cavalls de batalla: veure si Galiza és unha nació, si és un nom propi, una província polaca... i demostrar dia a dia que l'idioma gallec és vehicle de manifestacions artístiques i socials elevades. Les salvetats que afecten avui a les dues questions són iguals o més grans que les que es troben a les produccions
dissabte, 9 de febrer del 2013
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada