dimecres, 13 de febrer del 2013

A Galiza qué es la F.E.G.A.S .(2013)

A Escola Galega de Administración Sanitaria  (FEGAS) ten por obxecto o enriquecemento do capital humano dos servizos sanitarios mediante a súa capacitación a través da formación, innovación e excelencia, no ámbito das ciencias da saúde e da administración e xestión sanitaria. Entre os seus fins están:

*Formación Contínua

Planificación e provisión da formación continuada en materia de administración e xestión sanitaria, sociosanitaria, saúde pública e asistencia sanitaria do persoal ao servizo da sanidade pública galega.

A programación e execución de programas de docencia e formación continua en colaboración con entidades e institucións públicas e privadas en materia de administración e xestión sanitaria, sociosanitaria, saúde pública e asistencia sanitaria.

Avaliación de noves Tecnoloxias Sanitarias

As actividades relacionadas coa avaliación de novas tecnoloxías sanitarias nos termos que se conveñan coa Consellería de Sanidade, de conformidade coa súa planificación e as súas directrices.

Investigación Sanitaria

A execución da actividade relacionada coa investigación sanitaria nos termos que se conveñan coa Consellería de Sanidade e co SERGAS, de conformidade coa súa planificación e as súas directrices.


Programación e financiamento das actuacións, bolsas e axudas á formación. O respecto aos principios de publicidade, concorrencia, mérito e capacidade informará a política de concesión de bolsas e axudas por parte da Escola.


A edición, realización e difusión de estudos e traballos de carácter científico e de toda clase de publicacións, periódicas ou non.