As orixes, sentido e destino do Espazo Universal constitúen motivo de frecuente interrogación para os poetas. A perda de vixéncia do modelo cósmico antrópico garda relación co sentimento do eu disgregado que se manifesta primeiro na obra de Mallarmé e logo na de muitos autores do século XX.
Pasando revista a unha mostra aleatória de poetas contemporáneos, podemos constatar a alternáncia entre autores que declaran a conciencia de extravio diante do desorde universal e aqueles outros que tratan de recuperar o amor do Cosmos através dunha utópica «rehabilitación do firmamento».
O Universo da Poesia non obedece às fórmulas de nengun modelo. Os poetas crian mundos a partir dun Grande Estoupido que non acata leis. A singularidade que precede aos primeiros segundos da criación poética resulta ainda mais incomprensíbel que aquela outra da que naceu Todo-Canto-E, incluido o Espazo da Poesia, infinito e ilimitado.
Alén do espazo natural que foi dando cor à nosa ollada e sentido à nosa voz, lonxe da xeografia urbana por onde transita o discurso da modernidade, no cimo das nacións fantásticas, espello para o reflexo das pátrias soñadas, hai un lugar finito e ilimitado.
Cando interrogamos ao enigma cóncavo da noite (a «fonda noite universal» de Oorges),escoitando a resposta do mesmo siléncio, sofremos o desacougo unánime do excesivo, do incomprensíbel. O Espazo Cósmico é un lugar de encontro imaxinário, o foro virtual onde converxemos todos soñando con comprender, temerosos tanto do caos como da luz excesiva.
Nesta tarde de tertúlia na que participamos desde hai várias decenas de milleiros de anos, cativa xeira en relación co tempo que leva construido o salan que nos acolle, às veces da-se-nos por perguntar cómo se levantou este edifício, para qué habitantes e con qué finalidade, cal foi a data da sua inauguración e para cando está prevista a clausura, se é que existen limites fixados.
Os criadores de mitos e os poetas veñen de sempre fiando e desfiando a urdime dunha lenda que desprega as suas variantes desde o canto xenesíaco da criación en sete dias até a actual parábola do amañecer que chamamos Grande Estoupido, aquela luz perseguida pola cobiza dos telescopios que foi capturada recentemente nas redes da fotograFia.
Galeuzca
A visión dun Universo feito à medida do ser humano, remuiño de luminosas figuras en danza arredor do planeta Terra, foi sendo sustituida por diversas séries de relatos científicos que progresivamente alonxaron de nós o Centro para negá-lo ou situá-lo en rexións cada vez mais distantes. Hoxe, os astrofísicos, traballando con fórmulas mui próximas à metáfora dos poeta, ademais de manifestar a sua convicción sobre o carácter expansivo do Cosmos, afirman a existéncia dunha orixe do tempo e do espazo a partir de algo que non é nada, unha singularidade, un corpo (?) de densidade infinita e volume cero, a criación ex nihil da que xa falaban os mitos primitivos.Coa diferéncia de que agora resulta mui difícil crer nun proxecto asinado polo Xeómetra Criador.
diumenge, 27 de maig del 2012
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada