dijous, 10 d’abril del 2014
A prosa entre 1936 e 1976:os renovadors da prosa.
Como consecuencia da guerra civil, a literatura galega deixa de existir como
manifestación pública durante máis dun decenio. O centro da actividade literaria
desprázase para Latinoamérica, onde os nosos escritores exiliados manteñen o facho da
cultura galega.
*No 1947 comeza a recuperación coa publicación do 1º libro de poesía ata a constitución,en 1950, da Editorial Galaxia. En coleccións como Salnés ou Illa Nova conviven xeracións diferentes que comezan a publicar nun primeiro momento poesía e un pouco máis tarde prosa:
*Escríbense no exilio a maioría das novelas que relatan vivencias persoais da guerra e a represión, que serán publicadas xa na democracia.
*Hai unha liña de continuación da prosa da Xeración Nós: Risco, Otero Pedrayo ou
Carballo Calero, pertencente á Xeración do 36 e autor da primeira novela de posguerra,
publicada no 1951, é A xente da Barreira, que narra a vida de varias xeracións dunha
familia fidalga.
*O realismo fantástico, representado pola obra de A. Cunqueiro. Trátase dunha
literatura que mestura elementos culturalistas de orixe árabe (Simbad), greco-latina
(Orestes) ou nórdica (Merlín) con recursos provenientes do mundo popular, de xeito que
consegue ligar o máis profundo da nosa imaxinación colectiva a temas literarios de
carácter clásico.
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada