dimarts, 21 de gener del 2014

Unha das estratexies que primeiro é a do pesimismo (2014)

Unha das estratexias que primeiro haberá que revisar é a do pesimismo. A discusión verbo da saúde da lingua galega adoita ir envolta nun dramatismo moitas veces excesivo,que se volve contra a lingua mesma e que, en calquera caso, non se pode tomar como base de partida dunha correcta planificación lingüística. *O galego é unha lingua que sobreviviu durante séculos no eido familiar e coloquial, que chegou sendo maioritaria ao novo milenio e que neste momento, como un David fronte a Goliat, debe superar as difi cultades e ser,para todos os efectos, unha lingua máis na sociedade da información e do coñecemento. *Obviamente, tamaña pretensión produce derrotas parciais que temos que converter en provisionais.Así, por exemplo, é certo que hai en xogo forzas novas e poderosas contra o galego,e que, de feito, estanlle a disputar o mundo infantil e xuvenil (pola moi preocupante ruptura da transmisión familiar e a imparable irrupción dos medios de comunicación) ou o cambio demográfi co (pola baixa natalidade e a chegada de inmigrantes), que ameazan o carácter de lingua maioritaria nun par de xeracións, pero tamén é certo que se produciron vitorias inesperadas pola facilidade con que se viñeron abaixo muros multiseculares, que parecían inexpugnables. *Eses perigos fan que algunhas persoas queiran aplicar ao caso galego previsións de morte da lingua, feitas desde organismos internacionais para numerosas linguas do planeta.Cómpre dicir que esas previsións se refi ren a linguas en situación moi diferente da que vive a lingua galega. Se tomamos como referencia os datos de www.ethnologue.com, podemos dicir que, das moitas linguas que se falan en Filipinas, aínda hai 48 que teñen menos de 10.000 falantes e algunhas coma o arta contan unicamente con 17 falantes; que no Nepal hai, polo menos, 53 linguas con menos de 10.000 falantes e o lingkhim tiña en 1991 un único falante; que no Brasil, despois da desaparición dunhas 40 linguas, perviven 190 e, entre elas, aínda resisten o anambé con 7 falantes.