dimecres, 18 de desembre del 2013

Embaixadores da Lingua Galega (2013)

O curso de Lingua e Cultura Galega para estranxeiros combinará as horas nas aulas con seminarios e visitas que amosarán a quince alumnos un anaco da historia de Galicia O director, os profesores e os alumnos do curso de galego xunto á directora de Normalización Lingüística e ao reitor José María Barja.A Coruña Curiosidades intelectuais, morriña dun antepasado emigrante ou desexos de traballar en Galicia son algunhas das motivacións de alumnos como Eliana, Paolo, Eliska ou Giorgo para pasar catro semanas na Coruña en compañía doutros once estudantes para realizar o curso de Lingua e Cultura Galega para estranxeiros que organiza a Universidade. Horas lectivas na facultade de Filoloxía, seminarios e visitas a lugares como A Costa da Morte ou Santiago de Compostela romperán todo tipo de prexuízos sobre o uso do galego Unha quincena de alumnos procedentes de países como Italia, Bosnia, República Checa, Cuba, Reino Unido ou Croacia darán vida aos corredores da facultade de Filoloxía da Coruña durante as próximas catro semanas ao tempo que se familiarizan coa cultura, as xentes e a terra galega. A terceira edición do curso de Lingua e Cultura Galega para estranxeiros compaxinará as horas lectivas nas aulas con seminarios, actividades complementarias e viaxes culturais con destinos como Santiago de Compostela ou A Costa da Morte co obxectivo de mesturar o coñecemento básico do galego cun xeito de radiografía "de como somos e como vivimos os galegos", apuntou a directora de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, Goretti Sanmartín Rei. "Cando paseedes pola cidade igual vos parece que o galego non existe nas rúas, pero non é certo; non vos deixedes levar por primeiras impresións, porque nos barrios segue vivo", asegurou Sanmartín aos que se converterán en embaixadores da lingua unha vez volten aos seus lugares de orixe.