diumenge, 14 d’abril del 2013

Gra en Lingua e Literatua Galegas (2013)

-Grao en Lingua e Literatura Galegas-


O Grao en Lingua e Literatura Galegas ten como obxectivo que os seus estudantes adquiran unha formación completa en lingua galega (coñecemento e descrición do sistema lingüístico, das súas variedades históricas, espaciais, sociais e contextuais e da súa situación sociolingüística) e en literatura galega (coñecemento dos movementos, autores e obras que a conforman).

O núcleo da titulación está constituído polo Maior en Lingua e Literatura Galegas, que está formado por 20 materias de 6 créditos agrupadas nos seguintes módulos:

Introdución ao estudo da lingua e a literatura galegas

Lingüística galega.Gramática galega.Variación, cambio lingüístico e metodoloxía.Literatura galega

Por outra parte, o Módulo de Formación Básica, ademais de homoxeneizar o nivel inicial de lingua galega e de proporcionar unha formación básica nunha segunda e nunha terceira lingua, está concibido para proporcionar os coñecementos e as ferramentas metodolóxicas necesarios para abordar, en xeral, o estudo das linguas e das literaturas.

Finalmente, a través dos Módulos Complementario e Optativo os estudantes poderán adquirir unha formación de nivel básico ou medio nunha segunda e mesmo nunha terceira lingua e a súa literatura, en Lingüística Xeral, en Teoría da Literatura ou en Filoloxía Románica, ou ben combinar a formación inicial nunha destas disciplinas coa profundización nos contidos estudados no Maior.