dilluns, 11 de març del 2013

Organismos e Agrupacións para Galicia

Co obxectivo de paliar esta subordinación, xorden a principios de século organismos e agrupacións que resultan de gran relevancia cultural e política para Galicia e a lingua galega.
Cómpre salientar algúns sucesos notables acontecidos nesta época: Fundación en 1906 da Real Academia Galega, vello soño dos intelectuais galeguistas que se fará realidade a comezos do século.

Creación das Irmandades da Fala (1916), asociacións que procuran a defensa, difusión e emprego do galego. Con elas aparece a tendencia a utilizar sistematicamente o galego de forma exclusiva para todo tipo de escritos.
Risco, Pedrayo e outros intelectuais ourensáns, coa colaboración destacada de Castelao, comezan a publicar integramente en galego na revista Nós, que dá nome ao grupo que a creou, o grupo Nós, e a unha
xeración de escritores monolingües en galego que cultivarán todo tipo de xéneros.

-Constitución do Seminario de Estudos Galegos, en 1923. Manifestarán as preocupacións do sector universitario e intelectual por Galicia, que será obxecto de investigación en todos os eidos: natural, cultural,
histórico...
Son dignas de mención tamén, a aparición de numerosas publicacións xornalísticas preocupadas polo rexurdir do galego (A Nosa Terra), editoriais (Lar,Nós...), e estudos lingüísticos destacados.